Lonxa Agropecuaria de Galicia




Lonxa Agropecuaria de Galicia

A Lonxa Virtual é unha ferramenta áxil, sinxela, interactiva e fiable que ten por obxeto poñer en contacto directo a oferta e a demanda de todo tipo de productos vinculados ao mundo rural: banco de terras; compraventa de forraxe, productos da horta e ecolóxicos, maquinaria usada, vacas nodrizas, cabalos, cans e mascotas... sendo tamén un instrumento eficaz para a contratación de servizos agroforestais e de transporte ou para as ofertas e demandas de emprego.


Servíndose desta páxina web, o comprador poderá aspirar aos mellores prezos, sen necesidade de xestións intermedias, optando por unha destas dúas modalidades: mediante poxa ou a través da compravenda directa.


Ademais dende esta páxina ofrecemos todo tipo de información relacionado co Medio Rural e coas súas empresas, información que vai dende as convocatorias de axudas e subvencións até a máis completa información sobre os prezos nos mercados agrogandeiros galegos.


Esperamos que esta páxina sexa da súa utilidade.

 
Consellaría do medio rural

Copyright © 2006 | Lonxa Agropecuaria de Galicia | Todos os dereitos reservados | Deseño: C&S Diseño  Xaspe Desenvolvementos S.L.