Mesa de Prezos. Porcino

<<

Novembro 2008

>>
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Data seleccionada:19-11-2008

 

MESA DE PREZOS DO PORCO CEBADO

EUROS QUILO/VIVO

EUROS

(Posición sobre granxa)

Kg.

Diferencia

CARNICEIRO

1.310

0.010

SELECTO

1.035

0.010

NORMAL

1.010

0.010

CASTRADO

1.500

0.000

CANAL II

1.312

0.013

DESVELLE EN VIVO

0.75/0.81

0.000

COMENTARIO

Ansiado troco de tendenza: Ráchase a tendenza negativa das últimas nove semanas consecutivas de baixas (ou descalabros), cun acumulado de -33 céntimos(-25%), ante a petición expresa feita pola produción á que accedeu posteriormente a Industria. Xa se comentara en anteriores semanas que non tiña sorprendido a tendenza (algo estacionalmente normal tras o verán) pero sí a magnitude desta, que se prevera menos acusada polos trocos estruturais existentes no sector porcino en toda Europa (redución dos censos provocada pola crise do porcino nos últimos dous anos). A suba é máis importante polo troco da tendenza, que pola magnitude en si. Análise de mercado. Pesos: Segunda semana consecutiva á baixa o que pode interpretarse como o reaxuste outonal normal da produción, ainda que segue sendo certo que a actividade dos matadoiros segue nuns níveis altos. Cotizacións Europeas: Voltan a unha senda "relativamente" positiva despois da sangría das últimas catro semanas (-12,35% en Alemaña; -11,63% en Holanda e -14% en Francia); a sicose da crise parece que vai remitindo, despois de que se recuperen levemente os créditos aos importadores (Rusos sobre todo) e da recuperación de certas divisas do Leste Europeo que permite unha maior saída da carne, sobre de todo de Alemania. De todos xeitos, a nova hai que relativizala posto que cos custos dos concentrados actuais, queda ainda un treito para voltar a cubrir os teóricos custos de produción.


MESA DE PREZOS DO LEITON

BASE 20 KG

EUROS

(Posición sobre granxa)

Kg.

Unidade

Diferencia

SELECTO

1.40

28.00

6.00

NORMAL

1.35

27.00

6.00

COMENTARIO

Forte suba do Leitón: Despois de que na pasada semana voltara a cotizar o bacoriño, ainda que a unha cotización inferior aos 25 €, limiar que prefixaran os axentes das Mesas para deixalo sen cotización, os axentes participantes na Lonxa de hoxe decidiron a forte subida, ainda que provocada pola produción que pediu en primeira instancia situalo na contorna dos 30 €. Quizais en moi poucas semanas se teña visto subir as cotizacións por riba dos 5 €, mais cómpre relativizar esta suba: 1º Pártese dunha cotización ridícula para a produción que estima nos 42 € os custos unitarios de produción (apenas se cubre o 52% dos custos de produción) e 2º Nesta época do ano a cotización soe repuntar significativamente o que se ten que traducir nunha suba máis que proporcional ao doutros anos polo baixo nível actual. Situación de mercado: O mercado segue estando claramente pendente da evolución dun cebo que comeza a despegar timidamente. A oferta remite (algo normal nesta época) e parece que na presente semana a demanda anímase un pouco, tras a apatía do último mes.


 
 

 

Xaspe Desenvolvementos S.L.